
Vivir en familia: un dereito fundamental para a infancia
Por que crecer en familia é clave para o desenvolvemento emocional e social da infancia.
A Convención sobre os Dereitos do Niño de Nacións Unidas, ratificada por España en 1990, establece que a crianza é responsabilidade primordial de pais e nais, e que o Estado debe apoiarlles nesta tarefa. Cando isto non é posible, os gobernos teñen a obriga de ofrecer coidados alternativos que garantan o benestar das nenas e nenos.
Durante anos, a falta de directrices claras dificultou a implementación de modelos de atención adecuados. Non foi ata 2010, coa aprobación das Directrices sobre as modalidades alternativas de coidado das nenas e nenos, que se estableceron principios orientadores para previr a separación familiar e asegurar unha atención de calidade nos casos en que esta sexa inevitable.
En España, a Lei Orgánica de Protección Xurídica do Menor (LOPJM) e as súas reformas en 2015 consolidaron o acollemento familiar como a medida preferente fronte ao acollemento residencial, especialmente para menores de seis anos. Esta lexislación busca que a estancia en centros sexa transitoria, promovendo a integración en familias que poidan ofrecer unha contorna protectora.
A pesar dos avances, aínda hai moitos nenos e nenas, mesmo menores de tres anos, que viven en centros residenciais. A Estratexia Estatal de Dereitos da Infancia e a Adolescencia (2023–2030) recoñece esta realidade e propón medidas concretas para avanzar na desinstitucionalización e garantir o dereito a vivir en familia.
En definitiva, garantir que cada nena e neno medre no seo dunha familia non é só unha cuestión de dereitos, é un investimento no futuro da nosa sociedade. É necesario actuar, priorizar o acollemento familiar e construír redes de apoio que fagan posible que ningunha nena ou neno teña que crecer sen o apoio e a protección dunha familia.
Porque, para un verdadeiro sistema de protección, vivir en familia non debería ser a excepción.
Vivir en familia é un dereito fundamental para a infancia.
O programa de acollemento En familia busca fogares que permitan a nenas e nenos sentirse queridas, vistas e escoitadas.
Máis información sobre a campaña na web “Isto es un hogar”.
