Comezamos 2025 falando de posibles alternativas familiares para nenas e nenos que residen por longas tempadas en centros de protección.
Estas son as sesións informativas confirmadas e/ ou previstas para xaneiro e febreiro:
- en Cangas, o xoves 30 de xaneiro de 18:00 a 19:30 (Salón de Plenos do Concello)
- en O Porriño, o xoves 6 de febreiro de 18:00 a 19:30 (Centro Cultural Municipal)
- en Allariz, o martes 11 de febreiro de 18:30 a 20:00 (Fogar do maior, A Barreira 3)
- en Cedeira, o xoves 20 de febreiro de 19:15 a 20:45 (Auditorio Municipal, 3º andar)
- en Ferrol, o xoves 27 de febreiro de 19:00 a 20:30 (Centro Cívico de Canido)
*Se non podes asistir nesas datas non te preocupes, contacta con nós directamente no correo enfamilia@enfamilia.gal ou no whatsapp 634 240 914.
