Saber máis sobre acollemento familiar

Que é o acollemento familiar e en que se diferencia da adopción?

Que familia pode ser acolledora?
Vontade de acoller
- Dispoñer de estabilidade emocional, familiar e afectiva.
- Ter estabilidade económica e unha vivenda axeitada.
- Dispoñer de capacidade para cubrir as necesidades físicas, psicolóxicas, afectivas e sociais das nenas e nenos.
- Manter colaboración con todas as partes implicadas no acollemento.
- Non estar nas listas de adopción nin ter finalidade adoptiva.
O interese superior das nenas e nenos


Relación coa familia de orixe
Con que apoios contan as familias acolledoras?
Apoio Técnico
Compensación Económica
Outros Beneficios
- Recoñecemento de familia de especial consideración: Co obxecto de dotar ás familias acolledoras dunha protección especial, na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, dáselles o carácter de “familias de especial consideración”, que outorga ás familias acolledoras un trato preferente en determinados ámbitos (vivenda, educación, transporte, etc.) en función da normativa específica de cada un destes sectores.
- Familia numerosa: As nenas, nenos ou adolescentes en acollemento con duración prevista superior ao ano teñen a consideración de fillos, para os efectos da obtención da condición de familia numerosa.
- Prioridade no acceso a unha escola infantil: Teñen prioridade no acceso ás prazas cando se trata de matrícula ordinaria e tamén cando o acollemento realízase con posterioridade ao peche do prazo de solicitude.
- Residencias de Tempo Libre: Ao ser familias de especial consideración, teñen prioridade para a adxudicación de prazas nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia (en Panxón e O Carballiño) e gozan dun desconto do 30% sobre o prezo final da estancia.
- Gastos extraordinarios: A Consellería de Política Social e Igualdade asume directamente aqueles servizos adicionais que necesiten as nenas e os nenos que se entende que exceden do seu coidado común, e que non estean cubertos polo sistema público xeral (atención profesional especializada, logopedia, psicoterapia, pedagoxía, enfermería, fisioterapia, atención óptica e odontolóxica, prótese etc.).
- Axudas para libros de texto: Os nenos, nenas ou adolescentes que se atopen en acollemento familiar, entre outros grupos, reciben a axuda máxima para a adquisición de libros correspondente ao ensino obrigatorio e curso no que estean matriculados, con independencia do nivel de renda da familia acolledora.
- Comedor escolar: Os nenos, nenas ou adolescentes en acollemento familiar son usuarios gratuítos dos comedores escolares dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, mentres cursen o ensino básico e o primeiro e segundo ciclo de educación infantil.
- Prestación por maternidade/paternidade: O acollemento familiar de nenas e nenos cunha duración superior a un ano, dá dereito a percibir a prestación de maternidade/paternidade da Seguridade Social.
- Campamentos de verán da Xunta: as familias de acollida teñen un desconto do 25% na cota de participación, aplicable tanto ás nenas e menos acollidos como aos demais membros da familia.
- Asignación económica por fillo ou persoa menor de idade a cargo. O acollemento familiar permanente da dereito a percibir esta prestación familiar non contributiva da Seguridade Social, sempre que se cumpran os demais requisitos. A prestación no ten límite de recursos económicos familiares cando se trate de nenas ou nenos con discapacidade igual ou superior ao 33 por cento pero vai ligada á renda familiar no caso de nenas ou nenos menores de 18 anos sen discapacidade ou con discapacidade inferior ao 33 por cento.


Referencias legais
- Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno do 20 de novembro de 1989.
- Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor.
- Real Decreto do 24 de xullo de 1889, do Código Civil. En especial, o artigo 172 ter.3, que recolle a delegación de garda para estancias, saídas de fin de semana ou vacacións.
- Lei 2/2006, de 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia.
- Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.
- Circular de acollemento familiar, Nº: 1/2023, Instrucións para unificar e homoxeneizar criterios nos acollementos familiares en familia extensa e allea, da Dirección Xeral de Familia, infancia e dinamización demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.