Seguimos coas sesións informativas en outubro 2024

Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste exactamente o acollemento familiar?  Desexas  ter información sobre a protección de nenas e nenos en Galicia?

Para dar resposta a estas e outras cuestións podes asistir a algunha das charlas informativas que preparamos para vós.

No mes de outubro estaremos:

  • na Fundación María José Jove (A Coruña), o xoves 3 de outubro de 17:00 a 18:30
  • no Centro Sociocomunitario de Ribadavia, o xoves 10 de outubro de 17:00 a 18:30
  • no Liceo de Ourense, o xoves 17 de outubro de 19:30 a 21:00

*Se non podes asistir nesas datas non te preocupes, contacta con nós directamente no correo enfamilia@enfamilia.gal, por whatsapp ou teléfono no 634 240 914.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Apúntate a unha charla informativa