Charlas informativas setembro e outubro 2024 #acolleenfamilia

En Familia é un programa de acollemento familiar para nenas, nenos e adolescentes que residen en centros de protección e non dispoñen de alternativas familiares.

O programa está impulsado pola Fundación Aldaba (en colaboración coa Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, a Casa de Familia Laura Vicuña, Manaia Asociación Galega de Adopción e Acollemento e a Fundación Faiben) e forma parte da estratexia de desinstitucionalización e fomento do acollemento familiar da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, contando co seu apoio e financiamento a través dos fondos NextGeneration da Unión Europea.

O obxectivo é evitar ou poñer fin a longas estancias nos recursos residenciais para favorecer o adecuado desenvolvemento da nenas e nenos, contribuíndo na reparación do seu dano.

En setembro estaremos en A Morada (Vigo) e na Casa Azul (Pontevedra).

En outubro, na Fundación María José Jove (A Coruña), en Arteixo, no Centro Cívico de Ribadavia e no Liceo de Ourense.

A través das charlas informativas trátase de dar a coñecer a realidade destas nenas e nenos, sensibilizar á sociedade e procurar familias interesadas en constituírse en referentes estables e protectores para estas nenas.

As persoas interesadas poden achegarse ás charlas ou poñerse en contacto no teléfono 634 240 914 ou no correo coordinacion@enfamilia.gal

acogimiento familiar Vigo
Scroll ao inicio
Abrir chat
Apúntate a unha charla informativa