20N Día Mundial da Infancia

Vivir en familia é un dereito fundamental para todas as nenas e nenos sen distinción

Sen embargo, a pesar dos compromisos e avances en protección e benestar da infancia, aínda existen nenas, nenos e adolescentes que non poden, por diferentes motivos, vivir coas súas familias.

Algunhas desas nenas e nenos poden crecer co apoio e seguridade necesarios grazas á colaboración de moitas familias a través do acollemento familiar. Doutro xeito, moitas delas probablemente pasarían os seus días nun centro, ás veces, ata a maioría de idade.

Colabora co programa En Familia na difusión da súa campaña sobre o acollemento familiar e axúdanos a atopar as familias adecuadas.

#IstoVaiDeDereitos #DíaDaInfancia #InfanciaGalicia #DereitosInfancia

#DereitoaMedrarEnFamilia #DerechoaCrecerEnFamilia

#acolleenfamilia, #acogeenfamilia

Scroll ao inicio
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.