
que coida
Un fogar no que as nenas e nenos vexan satisfeitas as súas necesidades básicas de alimentación, vestido, hixiene e sono, pero tamén de recoñecemento e afecto.
que protexe
Un fogar no que, ás nenas e nenos, se lles dedique tempo de xogo, de risas, de bo trato, de estrutura e límites, onde poidan ser simplemente nenos.
que repara
Un fogar no que as nenas e nenos atopen o seu lugar e acaden a seguridade necesaria para avanzar na reparación do seu dano.
Porque vivir en familia é un dereito fundamental
Un dereito que non só abarca a satisfacción das necesidades físicas e básicas, senón que tamén implica a creación dunha contorna emocionalmente segura.
Un dereito do que se ven privadas moitas nenas e nenos que enfrontan situacións de maltrato, abuso e/ou neglixencia grave.
Un dereito ao que todas as nenas e nenos poidan acceder para recibir os coidados, apoios e protección que permitan o seu pleno desenvolvemento.
Apostamos polo acollemento familiar que cambia vidas
Buscamos fogares que permitan a nenas e nenos sentirse queridas, vistas e escoitadas.
Fogares que lles permitan crecer con conexións emocionais profundas coas súas figuras adultas de coidado.
Fogares nos que poidan desenvolver unha boa autonomía emocional e social, e acadar unha sensación de pertenza e seguridade.
