5 erros comúns ao iniciar un acollemento familiar (e como evitalos)

erros comúns que poden xurdir ao inicio dun acollemento familiar

O acollemento familiar é unha experiencia única que permite ofrecer un fogar a un neno, nena ou adolescente que o precisa. A través do Programa de Acollemento Familiar, desde En Familia acompañámoste en cada paso do camiño, asegurándonos de que a experiencia sexa positiva tanto para a nena ou neno como para a familia acolledora.

Se estás valorando dar este paso, compartímosche algúns erros comúns que poden xurdir ao inicio dun acollemento familiar e como evitalos co noso apoio.

Evita estes 5 erros ao iniciar un proceso de acollemento familiar

Se estás pensando en acoller, é importante estar ben preparado para que a experiencia sexa enriquecedora para todos. En En Familia, ofrecémosche o apoio e a información necesaria para que poidas acoller con confianza. Descobre a continuación cales son os erros máis comúns e como evitalos.

1. Non coñecer ben que implica o acollemento

O acollemento non é o mesmo que outras crianzas nin tampouco é unha adopción, e preciso ter en conta algunhas claves. Trátase de brindar estabilidade, protección e afecto a un neno, nena ou adolescente durante o tempo que o precise, mantendo sempre que sexa posible o vínculo coa súa familia de orixe.

Ás veces, as familias acolledoras poden sentirse inseguras por non coñecer ben os detalles do proceso ou por ter expectativas pouco realistas. Desde En Familia, axudámosche a comprender ben o compromiso antes de dar o paso, resolvendo todas as túas dúbidas e ofrecéndoche o acompañamento que precisas para vivir esta experiencia con confianza e seguridade.

2. Non preparar o entorno familiar adecuadamente

A chegada dun neno, nena ou adolescente supón cambios na dinámica familiar, e é fundamental crear un ambiente que lle axude a sentirse seguro e benvido. Desde o espazo físico ata a disposición emocional da familia, cada detalle conta para facilitar a súa adaptación.

É importante falar sobre o acollemento con todos os membros do fogar e asegurarse de que comprenden o que implica. Desde En Familia, proporcionámosche orientación e recursos para que o proceso sexa o máis sinxelo e natural posible, axudándote a preparar tanto o entorno como a convivencia.

3. Non ter en conta as necesidades emocionais da nena ou neno

Cada neno, nena ou adolescente que entra en acollida ten a súa propia historia, e é posible que pasase por experiencias difíciles que inflúen na súa forma de relacionarse. Comprender as súas emocións e ofrecerlle un espazo onde se sinta escoitado e respectado é clave para o seu benestar.

Mostrar paciencia, empatía e cariño é fundamental para que poida confiar na súa familia acolledora e desenvolver un vínculo estable. Desde En Familia, ofrecémosche ferramentas para comprender mellor as súas necesidades e xestionar calquera desafío emocional que poida xurdir, asegurando unha convivencia enriquecedora para todos.

4. Non contar con apoio e acompañamento

O acollemento familiar é unha experiencia marabillosa, pero tamén conleva momentos de incerteza e retos. Contar cunha rede de apoio, formación e asesoramento fai que a familia se sinta acompañada en cada etapa e o proceso sexa predecible.

Desde En Familia, poñemos á túa disposición un equipo de profesionais especializados, formación continua e un espazo onde compartir experiencias con outras familias acolledoras. Ter acceso a este respaldo permitirache afrontar calquera situación con maior seguridade e tranquilidade.

erros comúns que poden xurdir ao inicio dun acollemento familiar

5. Non dar o paso por medo a non estar preparado

Moitas familias senten que nunca será o momento ideal para acoller, porque temen non estar preparadas ou non saber manexar certas situacións. A realidade é que non fai falta ser perfecto, senón estar disposto a aprender, a ofrecer cariño e a brindar un fogar onde o neno, nena ou adolescente poida sentirse seguro.

O acollemento é unha experiencia de aprendizaxe mutuo e transformación. Desde En Familia, guiámoste en cada fase para que poidas acoller con confianza e seguridade, asegurándonos de que teñas toda a información e o apoio que precisas para dar o paso.

O acollemento familiar é unha oportunidade para compartir, aprender e medrar xuntos, creando un impacto positivo que dura toda a vida. Desde En Familia, sabemos que cada acollemento é único e por iso ofrecémosche formación, orientación e acompañamento profesional para que nunca te sintas só no proceso. Se algunha vez pensaches en acoller, este pode ser o momento perfecto para dar o paso.

Se queres saber máis sobre como funciona o Programa de Acollemento Familiar, estamos aquí para resolver todas as túas dúbidas e camiñar ao teu carón. Falamos?

Scroll ao inicio
Abrir chat
Apúntate a unha charla informativa
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.