
O acollemento familiar é unha medida de protección que permite que un neno, nena ou adolescente creza nun entorno familiar cando, por diversas razóns, non pode vivir coa súa familia de orixe. En Galicia, este proceso está regulado pola Consellería de Política Social e Igualdade e desenvólvese en varias fases que garanten o benestar e a estabilidade da persoa menor de idade. A continuación, explicámosche paso a paso en que consiste o proceso de acollemento familiar e como podes converterte en familia acolledora.
Así é o proceso de acollemento familiar en Galicia
O proceso de acollida familiar segue unha serie de pasos que aseguran que as familias acolledoras poidan proporcionar un entorno seguro, afectivo e estable aos nenos, nenas e adolescentes en situación de vulnerabilidade.
1. Información e asesoramento
As persoas interesadas en acoller poden dirixirse aos Departamentos Territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade, ou aos servizos sociais do seu concello ou directamente ao Programa En familia. Nestes espazos recibirán información detallada sobre o acollemento familiar, os requisitos necesarios e o apoio dispoñible durante o proceso.
2. Formación inicial
A lei recolle o dereito de recibir preparación previa e o deber de participar nas accións formativas por parte de todas as persoas acolledoras. Esta formación será obligatoria no caso de familia allea e terá unha duración de 12 horas nas que se prepararán para afrontar as responsabilidades e desafíos do acollemento familiar.
3. Ofrecemento
Unha vez informada, a familia interesada debe presentar unha solicitude formal para ser considerada como familia acolledora. Esta solicitude entrégase nos organismos mencionados anteriormente e debe ir acompañada da documentación requerida.
3. Valoración de idoneidade
Os técnicos da Consellería de Política Social e Igualdade realizan entrevistas e avaliacións á familia solicitante para determinar a súa idoneidade para o acollemento. Analízanse aspectos como a estabilidade familiar, a capacidade afectiva e a disposición para atender as necesidades do neno, nena ou adolescente.

4. Asignación do neno, nena ou adolescente
Unha vez completada a formación, e según as necesidades das nenas e nenos dispoñibles para acollemento, realízase a asignación dun neno, nena ou adolescente á familia acolledora, procurando que o perfil se axuste ás características e capacidades da familia.
5. Período de adaptación
Antes de formalizar o acollemento, lévase a cabo un período de adaptación onde o neno, nena ou adolescente e a familia comezan a establecer vínculos e a coñecerse mutuamente.
6. Formalización do acollemento
Tras un período de adaptación satisfactorio, formalízase o acollemento mediante un documento escrito que detalla as responsabilidades da familia acolledora e da Administración. Este documento require do consentimento da familia acolledora e do neno, nena ou adolescente se ten suficiente madurez e, en todo caso, se é maior de 12 anos.
7. Seguimento e apoio
Durante todo o período de acollemento, os profesionais da Consellería realizan un seguimento continuo para garantir o benestar do neno, nena ou adolescente e ofrecer apoio e asesoramento á familia acolledora.
O acollemento familiar é unha oportunidade para brindar un fogar e un entorno seguro a nenos, nenas e adolescentes que o precisan. En Galicia, o programa Acollemento Familiar En Familia facilita este proceso e proporciona o apoio necesario para que as familias acolledoras podan desempeñar a súa labor con garantías. Se estás interesada/o en acoller, informarte é o primeiro paso para cambiar unha vida.