En Familia é un programa de acollemento familiar para nenas, nenos e adolescentes que, vivindo en centros de protección, non dispoñen de alternativas familiares.
O noso obxectivo é contribuír a mellorar a calidade de vida destas nenas, nenos e adolescentes integrándoos nunha familia estable e protectora.
Que teño que facer para acoller?
Contacta con nós, acompañarémoste no proceso de formación e, logo da valoración, poderás ser familia acolledora. O itinerario é o seguinte:
Infórmate
Sobre o programa, a situación e as necesidades das nenas e nenos en situación de vulnerabilidade.
Fórmate
A formación inicial é obrigatoria e supón 16 horas con profesionais do ámbito psicosocial.
Avalíate
Con axuda de profesionais, descubre a túas ferramentas para acompañar.
Súmate
Forma parte do banco de familias e contribúe a que unha nena ou neno teña unha vida digna.
Nenas, nenos ou adolescentes do sistema de protección que non contan con outra alternativa familiar estable. Habitualmente teñen máis de 7 anos e precisan crecer nunha familia onde desenvolverse en plenitude sentíndose queridas, respectadas e protexidas.
Que tipo de familia buscamos?
Familias interesadas en poñerse á disposición dunha nena, neno ou adolescente para, a través dunha convivencia familiar progresiva e adaptada ás súas necesidades, favorecer o seu adecuado desenvolvemento e contribuír na reparación do seu dano.